Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30616

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (469/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 469/2011-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 917/2009 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Josefa López Rodríguez.

Avogado: Manuel Casal Fraga.

Impugnados: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Izalco Ingeniería de Superficies, S.L.U., Mutua Fremap.

Avogado: Jorge Salgado González.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 469/2011-CON desta sala, seguido por instancia de Josefa López Rodríguez contra a empresa Izalco Ingeniería de Superficies, S.L.U. e outros, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Josefa López Rodríguez contra a sentenza de data oito de xullo do ano dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol, en proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Fremap, a empresa Izalco Ingeniería de Superficies, S.L.U. e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Izalco Ingeniería de Superficies, S.L.U., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

A secretaria xudicial