Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo I.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/93, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 17 de xullo de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Nome

DNI/NIF

Nº expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Gabin Viveiro, S.L. (Mª Jesús Docal Parapar)

76569364

LU-E 83/13

26-e) LO 1/92

R/ Xunqueira, nº 4, 4º, Viveiro

Ata 150 €

Manuel Jesús Fernández Pérez

76563176

LU-E 85/13

26-e) LO 1/92

R/ Pena 1, Chavín, Viveiro

Ata 300 €

Café-bar A Coba Meiga (Jesús Alberto Gómez Tenreiro)

76410222-J

LU-E 98/13

26-e) LO 1/92

R/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €

José Marcos García Fernández

33857779

LU-E 100/13

26-e) LO 1/92

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 90 €

Teatro, C.B. (Marcos García Fernández)

E-27292382

LU-E 101/13

26-e) LO 1/92

Louzaneta nº 47, Lugo

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 102/13

26-e) LO 1/92

R/ Hortas, nº 20, 2º Monforte de Lemos

Ata 300 €

Contrafuerte, S.L.

B-27024454

LU-E 126/13

26-e) LO 1/92

R/ Camiño Real 72, 74, 4º A, Lugo

Ata 90 €