Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30628

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (86/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 86/2012 deste xulgado do social seguido por instancia de Ramón Vázquez Rial contra as empresas Servicio de Ingeniería y Montaje Alén, S.L., Neo Energy Solutions Europe, S.L., Raann Logisti, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o sete de xuño de dous mil trece.

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda, acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (art. 188.2 da LXS).

A secretaria xudicial

E para que sirva de notificación a Neo Energy Solutions Europe, S.L. e a Raann Logisti, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

A secretaria xudicial