Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica de modificación I enlace LMT Monfero-Xermade (expediente IN407A 2009/270).

O día 10 de xaneiro de 2013, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica de modificación I enlace LMT Monfero-Xermade (DOG do 1 de febreiro) que afecta o concello de Monfero na provincia da Coruña e o de Xermade na provincia de Lugo.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se publica tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Xermade, deducida da que se someteu a información pública no xornal El Progreso e no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 3 de abril de 2012 e no Diario Oficial de Galicia do 12 de abril, para que comparezan no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Xermade estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poden acompañarse dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Asi mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese efectuar e, así, entender as dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 2 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados


predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos/Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

10

Pasteiros das Veigas

Prado

CMVMC de Piñeiro. Presidente: Francisco López Pena

Ladrela, Piñeiro, nº 1, 27833 Xermade, Lugo

5 e 1/2 6

3.0

236,0

2.360,0

11

Penedos de Sanche

Monte baixo

CMVMC de Piñeiro. Presidente: Francisco López Pena

Ladrela, Piñeiro, nº 1, 27833 Xermade, Lugo

1/2 6, 7 e 8 (paso aerosubterráneo

12.0

263,0

2.630,0

12

Penedos de Sanche

Monte baixo

CMVMC de Piñeiro. Presidente: Francisco López Pena

Ladrela, Piñeiro, nº 1, 27833 Xermade, Lugo

47.0

141,0

13

Cima das Airas

Prado

Abel Mirad Pico

Sanche Grande, nº 1, 27833 Xermade, Lugo

Autotrafo, 9 (paso aerosubterráneo) e 10

315.0

133,0

1.330,0

14

Artoa

Prado

Balbina Barro López e María López García

Sanche grande, nº 8, 27833 Xermade, Lugo

11

2,0

135,0

1.350,0