Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/68-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Cespa, S.A.

Domicilio social: avda. Catedral, 6-8, 08002 Barcelona.

Denominación: LMT, CS e CT de 1.000 kVA para planta de xestión residuos sólidos.

Situación: pol. in. do Acevedo, s/n, Cerceda.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada con inicio en centro de seccionamento propiedade da compañía distribuidora Udesa, situado nunha nave lindeira, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×20 mm2), Al, lonxitude 40 m, con final en centro de seccionamento proxectado con cela de entrada, de saída e de seccionamento (24 kV, 630 A, 16 KA). Centro de transformación anexo ao CS, con celas de liña, de protección e de medida (24 kV, 400 A, 16 KA) e transformador 20/0,42 kV, illamento seco clase F, refrixeración natural, 1.000 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta publicación; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña