Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan especial de reforma interior do Vieiro no ámbito da área de execución número 1.

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 11 de xullo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 2 do PERI do Vieiro no ámbito da AE-1, segundo o proxecto presentado o 25 de xuño de 2013 por Inmobiliaria Paxonal, S.L.

En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.1 da LOUG, o expediente someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente practicarase citación persoal a todos os propietarios das parcelas afectadas, segundo figuran no Catastro, con publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial da provincia.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento de licenzas para todas aquelas actuacións que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial, e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do planeamento».

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poderán consultar o expediente, no Servizo de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

P.D. (Decreto 1077/2013, do 26 de febreiro)
María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible