Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle nun predio sito na avenida das Carolinas.

Por Resolución desta alcaldía, do 12 de xuño de 2013, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nun predio sito na avenida das Carolinas, redactado polo arquitecto Gerardo Seoane Fidalgo e promovido por José Rey Abelenda, en nome de Metalgráfica Gallega, S.A.

Conforme o establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, o dito estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Nese prazo poderanse presentar reclamacións ou alegacións.

Vilagarcía de Arousa, 3 de xullo de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde