Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre recoñecemento definitivo da nave para a fabricación de mallas de ferro e estruturas metálicas nas Antes (Arantón).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sobre edificacións sen licenza, tramítase por instancia de José Cancela Rey o recoñecemento definitivo da nave coa actividade de fabricación de mallas de ferro e estruturas metálicas, sita no lugar das Antes, parroquia de Arantón. De acordo cos anexos técnicos presentados, e en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Santa Comba, 28 de maio de 2013

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde