Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (143/2013).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 143/2013 por instancia de Daniel Marzoa Fandiño contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 26.6.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Daniel Marzoa Fandiño fronte a Buzoneos Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Buzoneos Galicia, S.L. ao demandante.

– Condénase Buzoneos Galicia, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.639,09 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente ascenden a 5.163.78 euros, aos que se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 29,01 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Buzoneos Galicia, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

O secretario xudicial