Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (967/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 967/2012 por instancia de Sara Barcia Pérez contra a empresa Construcciones y Montajes Agal, S.A., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 2.7.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Sara Barcia Pérez fronte a Construcciones y Montajes Agal, S.A., o seu administrador concursal Isaías González García, Marco Energy Sistem, S.L.U., Omnisantos, SGPS, S.A., Grupel, Grupos Electrógenos, S.A., Omnimetal, Marco Aurelio Mimoso Santos, e desestímanse as excepcións de falta de lexitimación pasiva alegadas pola representación de Omnisantos, SGPS, S.A., Grupel, Grupos Electrógenos, S.A. e Marco Aurelio Mimoso Santos e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da demandante realizado o 31 de xullo de 2012.

– Absólvese a Omnisantos, SGPS, S.A., Grupel, Grupos Electrógenos, S.A., Omnimetal e Marco Aurelio Mimoso Santos das pretensións fronte a eles exercidas.

– Condénase Construcciones y Montajes Agal, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 17.215,62 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente ascenden a 89.127,22 euros, aos que se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 263,69 euros diarios, respondendo solidariamente a empresa Marco Energy Sistem, S.L.U. do aboamento das devanditas cantidades.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones e Montajes Agal, S.A. expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

O secretario xudicial