Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (484/2011).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 484/2011 por instancia de Antonio Vázquez Sánchez, Julio María Rosas Alonso e Jesús Alfonsín Puñal contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 27.6.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Ditame: desestímase a demanda interposta por Antonio Vázquez Sánchez, Julio María Rosas Alonso e Jesús Alfonsín Puñal fronte a Esabe Vigilancia, S.A., absolvendo esta última das pretensións fronte a ela dirixidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

O secretario xudicial