Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (586/2012).

María Luisa Filgueiras Jaspe, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 586/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Saco Carrasco contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Miguel Saco Carrasco, representado polo letrado Sr. Fernández García, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., que non compareceu malia estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de mil seiscentos setenta e dous euros con noventa e seis céntimos (1.672,96), máis o 10 % por demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía reclamada, que non supera os 3.000 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 10 de xullo de 2013

A secretaria xudicial