Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (488/2013).

María Luisa Filgueiras Jaspe, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 488/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ferro Vispo contra a empresa Sousarias, S.L., sobre despedimento, se expediu a seguinte cédula de citación:

«Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 488/2013.

Persoa a que se cita: Sousarias, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, e concorrer a tales actos coas probas de que intente valerse e, tamén se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar ás preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 27.9.2013, ás 11.35 horas, na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4ª, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non avinza, ás 11.35 horas do mesmo día, na planta 4ª, sala 9, Edificio de Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.2 LPL/ 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, téndose que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que se non comparece se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).

Ao posuír a condición de persoa xurídica ponse no seu coñecemento que o interrogatorio das persoas xurídicas privadas se practicará con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 53.2 LJS/155.5 parágrafo 1º da LAC), facéndolles saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se lle convoca (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 23 de maio de 2013

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación á empresa Sousarias, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 10 de xullo de 2013

A secretaria xudicial