Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (185/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 185/2013.

Demandante: Laura Aparicio Chorén.

Avogado: Alberto Freijeiro Otero.

Demandados: Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Aparicio Chorén contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre ordinario, se ditou auto e decreto en data 5 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Laura Aparicio Chorén, fronte a Grace Antonia Nouel Brache, por importe de 9.210,53 euros en concepto de principal, máis 383,56 euros de xuros de mora, máis 959,40 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas.

Non despachar execución contra Grialibros, S.L., por estar en concurso, os que se tramitan ante o Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se presentará ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, sen que sexa a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta número 00301846420005001274, e deberase indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. A secretaria xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo: acumular a presente execución número 185/2013 á seguida nesta oficina xudicial co número 185/2012.

Lévese testemuño do presente á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2013

A secretaria xudicial