Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (222/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que por resolución ditada o día 30.5.2013 no proceso seguido por instancia de Diego Rodríguez Suárez contra Dielectro Industrial, S.A., Mutua Fremap, INSS e TXSS, en reclamación por Seguridade Social, se rexistrou co número 222/2008 e acordouse notificar a Dielectro Industrial, S.A. o ditame de sentenza seguinte:

«Fallo que desestimando integramente a demanda interposta por Diego Rodríguez Suárez, que comparece asistido polo letrado Sr. Orantes Canales, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparece representado polo letrado Sr. González Quintas, contra Mutua Fremap, que comparece representada pola letrada Sra. Ojea Castro e contra a empresa Dielectro Industrial, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma e despois de desistir o demandante das accións exercidas contra a Mutua Fremap e a empresa Dielectro Industrial, S.A., debo absolver e absolvo o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Xeral da Seguridade Social de todos os pedimentos contra ela deducidos, confirmando a resolución do INSS de data 30.1.2008.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola Sra. xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Dielectro Industrial, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

A secretaria xudicial