Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30457

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (307/2012).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM) de Ribeira, A Coruña;

Dou fe e certifico que nos autos de xuízo ordinario nº 307/12 foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ribeira, 4 de xuño de 2013

María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, tendo visto os presentes autos de xuízo ordinario nº 307/2012 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandantes, José Antonio Paz Recaman e Vanesa Vila Lema, representados pola procuradora Sra. Pariente Pouso e asistidos polo letrado Sr. Méndez Torres, e doutra, como demandada, a entidade Tquest Promotora, declarada en situación de rebeldía procesual, e exercéndose no citado proceso unha acción de reclamación de cantidade e, subsidiariamente, de cumprimento do contrato de permuta.

Decido que debo estimar e estimo a pretensión da demanda formulada pola procuradora Sra. Pariente Pouso, quen actúa en nome e representación de José Antonio Paz Recaman e Vanesa Vila Lema, contra a entidade Tquest Promotora, e condeno esta ao aboamento da primeira cantidade de 140.000 €, cantidade que se verá incrementada cos xuros legais que correspondan, os cales deberán computarse desde a data da sentenza até o seu pagamento efectivo.

Non se fai pronunciamento en relación ás custas procesuais, e cada parte debe satisfacer as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi ditada, lida e publicada pola xuíza abaixo asinante, no día da data, celebrando audiencia pública, do cal dou fe».

O inserido enriba concorda co seu orixinal, ao cal pola súa maior extensión, me remito.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Salvador Liñayo López, expido e asino este edicto.

Ribeira, 27 de maio de 2013

A secretaria xudicial