Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/30-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT Couso-Xeve.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 678 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente Couso-Xeve (36CH43) e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no Couso, Santo André de Xeve, Pontevedra.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 8 de marzo de 2013, no BOP do 12 de marzo de 2013, no xornal La Voz de Galicia do 22 de febreiro de 2013 e no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra. Tamén foron notificados individualmente os titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data 19.3.2013 José Gómez Pérez e Manuel Gómez Pérez, como propietarios afectados do predio nº 1, presentan un escrito en que solicitan o cambio de localización do transformador proxectado para un monte comunal nas inmediacións da situación actual.

A empresa contesta que, por unha parte, acheguen a documentación que acredite a súa condición de herdeiros de José Gómez Crespo e, por outra, indícaselle que a localización do dito transformador vén determinada polas necesidades eléctricas da zona, polo que a elexida é máis viable tecnicamente.

Vista esta alegación, débese dicir que non existen limitacións de carácter técnico sobre prohibicións e limitacións á constitución das servidumes de paso establecidas no título VII sobre autorizacións administrativas do Real decreto 1955/2000.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 3 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra