Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Mugardos (expediente IN407A 100/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTS e CT Condesa 1.

Situación: concello de Mugardos.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,124 km, con orixe en empalmes para realizar na LMTS VDC-712, (Mugardos-Catro Camiños, 12), en tramo comprendido entre o CT depuradora augas e CT P. Condesa, nº 2 (expediente 8/03), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final na mesma liña unha vez entre e saia do novo centro de transformación proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña