Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (205/2013).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3, en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 205/2013 por instancia de Pedro Morandeira Otero contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L., administración concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 31.5.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Pedro Morandeira Otero fronte a Estructuras y Obras de Galicia, S.L., con intervención do seu administrador concursal Sr. González del Río e do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Estructuras y Obras de Galicia, S.L. ao demandante.

– Condénase a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante en concepto de indemnización por despedimento improcedente a cantidade de 33.372,66 euros.

– Condénase a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante en concepto de reclamación salarial a cantidade de 2.949,50 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2013

O secretario xudicial