Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1124/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1124/2010 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mihail Bondari contra a empresa Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Concello da Coruña e Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva.

Dispoño: ter por desistido tacitamente a Mihail Bondari da súa demanda fronte a Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Concello da Coruña e Fogasa.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigo 186 e 187 LPL).

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no DOG.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

A secretaria xudicial