Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (179/2013).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 179/2013 por instancia de Elba Castro Rodríguez contra Hotel El Hórreo, S.A. sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 28.5.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Elba Castro Rodríguez fronte a Hotel El Hórreo, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Hotel El Hórreo, S.A. á demandante Elba Castro Rodríguez.

– Condénase a Hotel El Hórreo, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 8.075 euros, e o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 7.500 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 50 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hotel El Hórreo, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2013

O secretario xudicial