Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (987/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 987/2012.

Demandante: Juan José Fernández Prego.

Demandados: Vigilancia Integrada, S.A., Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 987/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Fernández Prego contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Vigilancia Integrada, S.A., Vinsa e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento foi interposta por Juan José Fernández Prego contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A.; en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto por Esabe Vigilancia, S.A. o 10 de outubro de 2012, con efectos do 16 de outubro, e extinguida a relación laboral que vinculaba a Juan José Fernández Prego coa entidade Esabe Vigilancia, S.A., no día de hoxe (28 de xuño de 2013), ante a falta de pagamento dos seus salarios, e condeno a entidade Esabe Vigilancia, S.A. ao aboamento dunha indemnización a razón de 21.775,5 €.

Que debo desestimar e desestimo a demanda a demanda que en materia de extinción e despedimento foi interposta por Juan José Fernández Prego contra a empresa Vigilancia Integrada, S.A., á cal debo absolver de todas as pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan José Fernández Prego contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Esabe Vigilancia S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.313,83 € brutos por salarios devindicados entre abril e o 15 de outubro de 2012, ambos os dous inclusive, así como atrasos por actualización salarial, entre xaneiro e marzo de 2012, e o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Esabe Vigilancia, S.A. en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2013

A secretaria xudicial