Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29922

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de xullo de 2013 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Facenda e na Axencia Tributaria de Galicia.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro) regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, e establece nos seus puntos segundo e terceiro as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación, modificación e supresión daqueles.

Como consecuencia da creación da Axencia Tributaria de Galicia, en virtude do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, cómpre actualizar a declaración realizada na Orde da Consellería de Facenda do 26 de xaneiro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería, no Instituto Galego de Estatística e no Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable publicada no DOG nº 49, do 11 de marzo de 2011.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante esta orde a Axencia Tributaria de Galicia e a Consellería de Facenda proceden, respectivamente, á creación dos ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo I e á supresión do ficheiro de datos de carácter persoal que se menciona no anexo II.

Artigo 2. Contido

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación e supresión de ficheiros está contida nos anexos desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal, incluídos nos ficheiros regulados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I, e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á Axencia Tributaria de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros exerceranse ante a citada axencia.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros

No anexo II desta orde relaciónase o ficheiro para o cal será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O titular do órgano responsable destes ficheiros establece no citado anexo o destino que se vai dar aos datos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I
Creación de novos ficheiros baixo a responsabilidade
da Axencia Tributaria de Galicia

– Denominación do ficheiro: Xestión de persoal.

a) Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión dos recursos humanos da Axencia. Tramitación dos expedientes de persoal. Xestión dos procesos selectivos e dos concursos de traslados. Xestión de listas. Confección do Rexistro de Persoal da Axencia. Tramitación dos expedientes de incompatibilidades e expedientes disciplinarios. Xestión do fondo de acción social dos traballadores da Axencia. Asignación de retribucións e axudas de custo. Accións formativas e informativas e de actividades dirixidas tanto ao persoal da Axencia como á cidadanía.

b) Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoal funcionario e laboral que presta os seus servizos na Axencia Tributaria de Galicia. Cidadáns.

c) Procedemento de recolla de datos: formularios en papel e electrónicos.

d) Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal. Administracións públicas.

e) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos): datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº de S.S./mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, número de rexistro persoal. Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, sexo. Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, centro de traballo, posto de traballo. Datos de emprego e de carreira administrativa: clase de persoal, corpo/escala, categoría/grao, categoría profesional, situación administrativa, datos orzamentarios do posto de traballo, datos non económicos de nómina, permisos, incapacidades temporais, historial do traballador, compatibilidades. Datos económico-financeiros e de seguros: datos das retribucións, trienios, datos bancarios, datos de axudas de acción social.

f) Comunicacións ou cesións de datos: á mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. A outros órganos da Comunidade Autónoma.

g) Transferencias internacionais de datos a países terceiros: non están previstas.

h) Órgano responsable do ficheiro: Axencia Tributaria de Galicia.

i) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Axencia Tributaria de Galicia, rúa A Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

j) Sistema de tratamento: mixto.

k) Nivel do ficheiro: básico.

l) Órgano encargado do tratamento: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

– Denominación do ficheiro: Relacións coa cidadanía.

a) Descrición da súa finalidade e usos previstos: tramitación de expedientes de contratación. Rexistro de entradas e saídas. Accións informativas e actividades dirixidas á cidadanía.

b) Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Axencia Tributaria de Galicia.

c) Procedemento de recolla de datos: formularios en papel e electrónicos.

d) Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal. Entidades privadas.

e) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos): datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura. Datos de características persoais. Datos de información comercial. Datos económicos financeiros e de seguros. Datos de circunstancias sociais. Datos académicos e profesionais. Outros tipos de datos.

f) Comunicacións ou cesións de datos: outros órganos da Comunidade Autónoma.

g) Transferencias internacionais de datos a países terceiros: non están previstas.

h) Órgano responsable do ficheiro: Axencia Tributaria de Galicia.

i) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Axencia Tributaria de Galicia, rúa A Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

j) Sistema de tratamento: mixto.

k) Nivel do ficheiro: básico.

l) Órgano encargado do tratamento: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

– Denominación do ficheiro: Xestión e control económico-financeiro.

a) Descrición da súa finalidade e usos previstos: contabilización de expedientes de contratación e de facturación. Xestión da contabilidade do organismo. Control interno da actividade económico-financeira. Accións informativas e de actividades dirixidas á cidadanía.

b) Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Axencia Tributaria de Galicia.

c) Procedemento de recolla de datos: formularios en papel e electrónicos.

d) Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal. Entidades privadas.

e) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos): datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

f) Comunicacións ou cesións de datos: á Axencia Estatal da Administración Tributaria. Ao Consello de Contas de Galicia. Ás caixas e bancos que teñen acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos.

g) Transferencias internacionais de datos a países terceiros: non están previstas.

h) Órgano responsable do ficheiro: Axencia Tributaria de Galicia.

i) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Axencia Tributaria de Galicia, rúa A Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

j) Sistema de tratamento: mixto.

k) Nivel do ficheiro: básico.

l) Órgano encargado do tratamento: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

– Denominación do ficheiro: Seguridade e control de acceso.

a) Descrición da súa finalidade e usos previstos: videovixilancia, control de accesos e/ou presenza nas instalacións do organismo.

b) Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: empregados e persoas que acceden ás instalacións da Axencia Tributaria de Galicia.

c) Procedemento de recolla de datos: formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia.

d) Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

e) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos): datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, número de rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura. Outros datos identificativos: matrícula de vehículos.

f) Comunicacións ou cesións de datos: ás forzas e corpos de seguridade.

g) Transferencias internacionais de datos a países terceiros: non están previstas.

h) Órgano responsable do ficheiro: Axencia Tributaria de Galicia.

i) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Axencia Tributaria de Galicia, rúa A Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

j) Sistema de tratamento: mixto.

k) Nivel do ficheiro: básico.

l) Órgano encargado do tratamento: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

– Denominación do ficheiro: Xestión de tributos e ingresos.

a) Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión e inspección dos tributos cedidos e dos tributos propios así como dos prezos e taxas que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia. Xestión dos ingresos de dereito público. Accións informativas e de actividades dirixidas á cidadanía.

b) Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: contribuíntes e suxeitos obrigados. Cidadáns.

c) Procedemento de recolla de datos: formularios en papel e electrónicos.

d) Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal. Outras persoas físicas. Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación. Outras administracións públicas.

e) Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos): datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono. Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento. Información comercial: actividades e negocios, licenzas comerciais. Datos económicos, financeiros e de seguros: ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, datos bancarios etc. Transaccións de bens e servizos: transaccións financeiras, compensacións, indemnizacións.

f) Comunicacións ou cesións de datos: outros órganos da Comunidade Autónoma. Facenda Pública e Administración Tributaria. Notificación de débedas e ordes de embargo ás entidades financeiras.

g) Transferencias internacionais de datos a países terceiros: non se atopan previstas.

h) Órgano responsable do ficheiro: Axencia Tributaria de Galicia.

i) Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Axencia Tributaria de Galicia, rúa A Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

j) Sistema de tratamento: mixto.

k) Nivel do ficheiro: medio.

l) Órgano encargado do tratamento: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

ANEXO II
Supresión de ficheiro inscrito

Ficheiro baixo a responsabilidade da Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Facenda.

– Denominación do ficheiro: Xestión de tributos e ingresos.

a) Descrición da súa finalidade e usos previstos: xestión e inspección dos tributos cedidos e dos tributos propios así como dos prezos e taxas que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia. Xestión dos ingresos de dereito público. Accións informativas e de actividades dirixidas á cidadanía.

b) Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: contribuíntes e suxeitos obrigados. Cidadáns.

c) Orde de creación do ficheiro: Orde da Consellería de Facenda do 26 de xaneiro de 2011, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 49, do 11 de marzo.

d) Motivos da supresión: reestruturación orgánica da Consellería de Facenda, ao abeiro do disposto no Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

e) Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución: inclusión no ficheiro Xestión de tributos e ingresos, da Axencia Tributaria de Galicia creado por esta orde.