Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29931

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga do II convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Visto o acordo suscrito pola Comisión Negociadora do II convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, con data 2 de xullo de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Acta de xuntanza da Comisión Negociadora do convenio colectivo do persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña,
Santiago de Compostela e Vigo

En Santiago de Compostela, sendo as dezaseis trinta horas do día 2 de xullo de 2013, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24 - baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, en presenza de Celso Araújo Castro, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais.

Asistentes:

En representación das universidades:

Emilio M. Martínez Rivas (Universidade de Vigo).

Margarita Estévez Toranzo (Universidade de Vigo).

Jesús López Romalde (Universidade de Santiago de Compostela).

Concepción Novo Guerreiro (Universidade de Santiago de Compostela).

Dulce Mª García Mella (Universidade de Santiago de Compostela).

Mª Lourdes Batán Aira (Universidade de Santiago de Compostela).

Gustavo Rego Veiga (Universidade de A Coruña).

Juan Manuel Díaz Villoslada (Universidade de A Coruña).

Cristina Castroviejo Ojea (Universidade de A Coruña).

En representación da parte social:

Mª Luísa Sánchez Simón (CC.OO.).

Marta Teijeira Bautista (CC.OO.).

Eva Candal Suárez (CC.OO.).

Xesús Castro Baamonde (CC.OO. asesor).

Jorge Proupin Castiñeiras (CC.OO.).

Óscar Rodil Marzábal (CIG).

Marta Carballo Fidalgo (CIG).

Benjamín Rey Sanjurjo (UGT).

Fernando Avecilla Porto (CSI-CSIF).

Logo dun amplo e frutífero debate, e da exposición de posturas e pareceres sobre as cuestións obxecto desta xuntanza polas representacións presentes, procede reflectir en acta os seguintes acordos.

Primeiro. Comisión Negociadora

A) Constituír a Comisión Negociadora do III convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

B) Ambas as dúas representacións recoñécense lexitimidade e capacidade dabondo para a negociación e sinatura do Convenio colectivo ou dos acordos que puideran afectar este.

C) A composición da mesa negociadora, conforme os datos e certificacións de representatividade sindical achegados, será de 15 membros por cada unha das dúas representacións. Distribuídos do seguinte xeito, polas universidades, 5 membros pola Universidade da Coruña, 5 membros pola Universidade de Santiago de Compostela e 5 membros pola Universidade de Vigo. Pola parte social, 5 membros pola CIG, 4 membros por UXT, 4 membros por CC.OO. e 2 membros por CSIF.

Segundo. Prórroga do convenio

A Comisión Negociadora do III convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo acorda que seguirán sendo de aplicación a totalidade das cláusulas do II convenio colectivo (DOG nº 74, do 14.4.2011) ata o 31 de decembro de 2014. Rematado este prazo manteranse en vigor por períodos anuais mentres non se acorde, sexa subscrita e entre en vigor a norma convencional que o substitúa.

No suposto de producirse a súa denuncia no período de prórroga, as cláusulas do convenio aplicaranse ata o momento da entrada en vigor do novo convenio.

Terceiro. Comisión Paritaria

Procédese a adecuar a composición da Comisión Paritaria do II convenio de conformidade co establecido no artigo 9 do texto deste, quedando esta do seguinte xeito.

A dita comisión estará formada por 15 representantes por cada parte. Cada universidade contará con 5 representantes cada unha. Os representantes da parte social na comisión quedan repartidos do seguinte xeito, 5 membros pola CIG, 4 membros por UGT, 4 membros por CC.OO. e 2 membros por CSIF.

Exercerá a presidencia desta a Universidade de Vigo, correspondéndolle á CIG exercer as funcións de Secretaría.

Cuarto. Delegación no Consello Galego de Relacións Laborais

Facúltase e delégase no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación deste acordo ante a autoridade laboral.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza, sendo as dezaito trinta horas do día sinalado no encabezamento, estendéndose para efecto esta acta, que asinan en proba de conformidade.