Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2011/544-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Xefatura territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: RL 2011/544-1.

Acta inf. nº: I152011000134572.

Empresa: Marcos Alfeirán Rodríguez.

NIF: 79325864Z.

Enderezo: rúa Travesía Camiño do Río 28, 15113 Malpica de Bergantiños.

Materia: seguridade e hixiene (accidente de varios traballadores).

Normativa infrinxida: artigo 4.2.f) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14.1.4, 15.1.a), f) e i) e artigo 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 3.d) do Real decreto 773/1997, do 30 de maio; e artigo 13 do Real decreto 543/2007, do 27 de abril.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Proposta de sanción: 40.000 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Dilixencia de paralización.

– Comunicación levantamento suspensión.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña