De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente núm. 02/15/08/00052 de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola do ano 2008.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización do dito prazo.
Concédeselle á persoa interesada un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á aquel en que se producise a notificación da resolución, para que poidan interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2013
Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria
ANEXO
Expediente: núm. 02/15/08/00052.
Interesado: Manuel Suárez López.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Cezar, 2, San Vicente, 15807 Vilasantar (A Coruña).