Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2007/0414-1 e cinco mais.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral e relacións laborais.

Faise saber que a dita resolución esgota a vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advertíndolle que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Naval Industrial Fontoira, S.L.

Joaquín Sorolla. A Telva, Culleredo A Coruña

RL 2007/0414-1
726/2007/1/H

20 de maio de 2013

Artigos 3, 4, disposición adicional única e aptdos. 2 e 3 do anexo I do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de saúde.

Artigo 12.16 b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6.000€

Esabe Vigilancia, S.A.

Rúa Caballeros, 3, 5º esqda. A Coruña

RL 2011/0096-1
25044/2011/1/T

31 de maio de 2013

Artigos 4 e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6.251 €

Solucións Integrais de Enxeñaría Civil, S.L.

Lugar de Ponte Bora 24. Pontevedra

RL 2011/0165-4
42762/2011/4/H

10 de maio de 2013

Artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, artigo 7 do Real decreto 1627/1997 do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, e artigo 8 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación do sector da construción.

Artigo 12.16 b) e f), 12.23 a) e 12.28 a) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

14.046 €

Maderas Maferca, S.L.

Aldea Pasarela, s/n.

Vimianzo, A Coruña

RL 2012/0039-1
468/2012/1/h

22 de marzo de 2013

Artigos 15, 16.2 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, art. 3, 4, 5 e 8 do Regulamento dos servizos de prevención aprobado polo Real decreto 39/1997, do 26 de xaneiro.

Artigo 39.6 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.046 €

Montajes Dipal, S.L.

Rúa Pombal 8. Meira, Moaña Pontevedra

RL 2012/0101-4
22533/2012/4/T

13 de maio de 2013

Artigo 4.2 f) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións esancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6.251 €

Francisco Manuel Martínez Rey

Rúa Raxoeira, 5, 1º D.

Ames , A Coruña

RL 2012/0238-1
20272/2012/1/H

5 de abril de 2013

Artigos 4.2 d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12.16 b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.046 €