Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-03 ARS-03 no lugar do Campo.

En cumprimento do establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Mesía, en sesión do 12 de xullo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Desestimar a alegación presentada por Antonio Sánchez Carro con base no informe técnico que se transcribe nos antecedentes deste acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector de solo urbanizable S-03 ARS-03, no lugar do Campo, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal deste concello, tramitado por instancia de Manuel García Gómez, en nome e representación da entidade Carpintería Ramón García, S.L., e redactado polo arquitecto Alejandro Arias Novas.

Terceiro. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio este acordo e darlle traslado de dous exemplares dilixenciados do plan parcial aprobado definitivamente.

Cuarto. Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia.

Quinto. Contra este acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do último dos anuncios citados no punto anterior, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Faise constar que o 15 de xullo de 2013 se comunicou a dita aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que se remitiren, así mesmo, dous exemplares dilixenciados do plan parcial aprobado definitivamente.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Mesía, 16 de xullo de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde