Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29134

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de información pública sobre construción de edificacións para aloxamento temporal e coidado de animais de compañía en Salgueiras, parroquia de Vigo.

María José Calvo Silvosa solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de edificacións de aloxamento temporal e coidado de animais de compañía, que se instalarán no lugar de Salgueiras, parroquia de Vigo (Carral), parcela 529, polígono 502. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un período de vinte días, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e realizar por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carral, 18 de xuño de 2013

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde