Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se fan públicos diversos acordos (expediente 2012009669).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do 7 de xuño de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

1. Desestimar a petición de suspensión da tramitación do estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, solicitada por Xardín das Burgas, S.A. (representada por Basilio Martínez Serodio) polas razóns expostas no informe xurídico do 23 de maio de 2013, que se trasladará aos interesados para efectos de motivación.

2. Estimar parcialmente a alegación presentada por Xardín das Burgas, S.A. (representada por Basilio Martínez Serodio), Antonio Peña Rodríguez e Rocío Ojea Álvarez e Manuel Santamaría Arias no seu propio nome e en representación da comunidade hereditaria de Emilio Santamaría Vilariño, de conformidade co disposto no informe técnico do 26 de abril de 2013 e no xurídico do 23 de maio de 2013, que se trasladarán aos interesados para os efectos de motivación.

3. Desestimar integramente as alegacións presentadas por Anacos da Cidade (representada por Miguel A. Doval Garza), Asociación de Vecinos Carlasca (representada por Arturo Rodríguez Pérez), Luis Soto Rebollo e Adolfo Pereira Marimón (representados por Antonio Feijoo Miranda) e grupo municipal do BNG (representado por Xosé Somoza Medina), de conformidade co disposto no informe técnico do 26 de abril de 2013 e no xurídico do 23 de maio de 2013, que se trasladarán aos interesados para os efectos de motivación.

4. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Réxime de recursos. Este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se notifique, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local, 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que estime oportuno.

O 27 de xuño de 2013 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 28 de xuño de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente