Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Oza dos Ríos (expediente IN407A 2012/148-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Maderas Gestal.

Domicilio social: aldea Frais, 78, baixo, 15380 Oza dos Ríos.

Denominación: CS e CT 400 kVA para subministración electricidade a serradoiro.

Situación: aldea de Frais, 78, lugar de Parada, Oza dos Ríos.

Características técnicas: CS prefabricado, celas de entrada, saída e cela de liña, CGMCosmos-Ormazabal, 24 kV, 400 A e CT formado por cela de liña (idem), de protección e medida, transformador de aceite 400 kVA, 15-20/0,42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 2 de abril de 2013

Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña