Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 187/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC, RBT Chacín.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, coa orixe na LMTS PMR-808 Pobra II (expediente IN407A 2007/301) entre a subestación Palmeira e o CT rúa Gasset, 40, e final na mesma liña unha vez entre e saia do CT Chacín proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude total de 0,054 km, composta de dous circuítos, un de 17 metros de lonxitude e outro de 37 metros, con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4×240 Al coa orixe no CT Chacín proxectado.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude total de 0,765 km, composto de dous circuítos, con condutores RZ, sobre apoios de formigón, coa orixe nos pasos aéreos subterráneos que se realizarán en apoios proxectados.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña