Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 32/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS alimentación a CS EDAR Ares-Chanteiro.

Situación: concello de Ares.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea CT Chanteiro-CT bombeo Chanteiro a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,785 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo existente que se vai substituír no CT Chanteiro (expediente 21.001), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT bombeo Chanteiro (expediente 162/2012), despois de realizar entrada e saída no CT Chanteiro (expediente 21.001) e o CT Chanteiro 2 proxectado.

Liña de media tensión subterránea a CS EDAR Ares-Chanteiro a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,657 km, coa orixe en cela de liña no CT Chanteiro 2 proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña no CS EDAR Ares-Chanteiro que instalará o cliente.

Adecuación centro de transformación non prefabricado Chanteiro (expediente 21.001), cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Centro de transformación prefabricado Chanteiro 2, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña