Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2012/233-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Visecorsa, S.L.

Domicilio social: parroquia de Cortiñán, 1, parcela F-15, 15165 Bergondo.

Denominación: liña MT soterrada e CT para estación de fabricación de pellets.

Situación: km 580 da estrada N-VI, Betanzos.

Características técnicas: liña media tensión soterrada de 357 metros, con inicio en apoio 12/2A nº B da LMTA BEG707 propiedade de Unión Fenosa Distribución e remate en CT novo establecemento. Condutor RHZ1 12/20 kV-3*240 mm2 AL. Centro de transformación en edificio non prefabricado, celas de liña, protección e medida e celas de reserva. Transformador 15/0,4-0,23, 160 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 19 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña