Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28608

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2013 pola que se fan públicas as segundas anualidades concedidas pola Resolución do 2 de outubro de 2012 relativa as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para 2012, modalidade de Agrupacións Estratéxicas.

A Orde do 7 de maio de 2012 (DOG do 15 de maio) convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para 2012, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013. Esta orde desenvolve a Orde do 24 de xaneiro de 2012, pola que se establecen as bases do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG (DOG do 8 de febreiro). Estas axudas foron resoltas mediante Resolución do 2 de outubro de 2012 (DOG do 10 de outubro).

A devandita resolución recollía que, na modalidade de Agrupacións Estratéxicas, o importe concedido en 2012 estaba desagregado entre fondos Feder e fondos propios libres, pero que a anualidade de 2013 só correspondía a fondos propios libres, dado que nese momento non había máis Feder dispoñible. Non obstante, o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades para 2013 inclúe un importe de 903.400 € de fondos Feder procedentes da incorporación de remanentes. O mellor xeito de dar uso a ese remanente é utilizalo para cofinanciar a anualidade das Agrupacións Estratéxicas en 2013 desa mesma convocatoria.

Por iso, a Secretaría Xeral de Universidades

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a lista das agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia perceptoras das axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia do ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, coa indicación da parte do importe das segundas anualidades que se financian co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2007-2013.

Expediente

Nome

Apelidos

Univ.

Concedido

Feder

FPL

CN 2012/211

Bertha

Guijarro Berdiñas

UDC

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/148

Carlos

Diéguez González

USC

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/151

Paulo

Félix Lamas

USC

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/149

Mª Dolores

Pérez Meirás

USC

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/201

Ricardo

Beiras García Sabell

UVIGO

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/260

Nuria

González Prelcic

UVIGO

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/273

Ángel

Rodríguez de Lera

UVIGO

250.000,00

112.925,00

137.075,00

CN 2012/229

Jesús

Simal Gándara

UVIGO

250.000,00

112.925,00

137.075,00

 

 

 

 

2.000.000,00

903.400,00

1.096.600,00

Segundo. Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación da agrupación. Ademais, por ter cofinanciamento do Feder, a universidade correspondente deberá presentar nesa mesma data límite os documentos xustificativos dos gastos e dos pagamentos, ou un informe de auditoría de acordo co establecido no artigo 60 do Regulamento 1083/2006 (CE), asinado por un auditor do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Este informe deberá certificar tanto a regularidade da solicitude do beneficiario como describir o labor desenvolvido e os resultados.

En caso de cofinanciamento do Feder, tamén deberá achegarse unha relación das publicacións, actos e reunións en que se fixese publicidade do devandito cofinanciamento.

En cumprimento da normativa relativa ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as universidades deberán manter unha separación contable adecuada para os gastos relacionados coa axuda que facilite a «pista de auditoría». Ademais, deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006, do Consello. Os gastos deberán xustificarse con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente e os pagamentos cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Terceiro. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Cuarto. Dado que os pagamentos das anualidades se realizan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2007-2013, os beneficiarios das axudas deberán cumprir os requisitos de publicidade que establece o artigo 8 do Regulamento 1828/2006, do 8 de decembro, cumprir tamén o establecido no Regulamento 1083/2006, polo que se que establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e no Regulamento 1080/2006 relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, así como cumprir os requisitos de xustificación que estableza esa mesma normativa.

Quinto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2013

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades