Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (607/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 607/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Rodríguez Vázquez contra a empresa Panadería Batallán, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo integramente a demanda interposta por María Dolores Rodríguez Vázquez fronte á mercantil Panadería Batallán, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil Panadería Batallán, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.929,72 euros en concepto de diferenzas salariais devindicadas entre abril e xullo de 2009, liquidación por vacacións e horas extraordinarias, máis o 10 % da dita cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Panadería Batallán, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2013

A secretaria xudicial