Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1199/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario número 1199/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Ares Piñeiro contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Marcos Ares Piñeiro contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.609,56 euros brutos, polos salarios devindicados entre maio e setembro de 2012, así como a paga extraordinaria de beneficios e a parte proporcional da paga extraordinaria de xullo de 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co nº 4757 0000 código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de xuño de 2013

A secretaria xudicial