Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1076/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario número 1076/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Barros Cedeira, Paulo Fernando Almeida Pinto e David Moinelo García contra a empresa Vida Ascensores, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Javier Barros Cerdeira, Paulo Fernando Almeida Pinto e David Moinelo García contra Vida Ascensores, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Vida Ascensores, S.L. a que lles aboe aos demandantes as cantidades que se citarán, como salarios de agosto do ano 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais:

A Javier Barros Cerdeira, a cantidade de 1.518,86 euros brutos.

A Paulo Fernando Almeida Pinto, a cantidade de 1.418,92 euros brutos.

A David Moinelo García, a cantidade de 1.518,86 euros brutos.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Vida y Ascensores, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de xuño de 2013

A secretaria xudicial