Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28541

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (437/2012).

Sentenza.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, unha vez vistos os presentes autos nº 437/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Marcos Castro Geada, que comparece representado polo letrado Fernando Escariz Fernández, contra Fransan Eurotrans, S.L., que non comparece, Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo.

Que debo declarar e declaro a falta de competencia territorial deste xulgado para coñecer do presente procedemento e desestimo, en consecuencia, a demanda sen entrar a coñecer do fondo do asunto e sen prexuízo do dereito da parte a facer valer o seu dereito ante o xulgado que por quenda lle corresponda da Coruña.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013