Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 27 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican unhas notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000227-2 e PESAN1 2012/000246-2).

Segundo o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan nesta cédula, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen de dez días, desde o día seguinte a que se publique este edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes seguintes están á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Lugo, con sede na avenida Ramón Canosa, s/m, Viveiro, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000227-2.

Denunciado: Emilio Miguel Ramos Fernández.

DNI: 77595932-G.

Enderezo: Leandro Cucurni, nº 1, 3º, Burela.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000246-2.

Denunciado: David Marta Caamaño.

DNI: 32699389-J.

Enderezo: Padre Feijoó, bloque 27, portal 3, 2º D, Ferrol.

Precepto infrinxido: artigo 137.A.1 e artigo 137.B.2.

Sanción: 3.301 euros.

Segundo a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das sancións deberán aboarse nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario cobraranse, inmediatamente, pola vía de constrinximento regulamentaria. Para pagar en período voluntario os interesados deberán recoller na Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se os interesados cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes desde a firmeza da resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante un escrito que sexa motivado e no que se comprometa a aterse ás condicións que se establezan para que se lle outorgue, co fin de garantir, durante a suspensión, o respecto á normativa que regula a actividade pesqueira.

Lugo, 27 de xuño de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo