Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 27 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican unhas notificacións de incoacións e trámites de audiencia de expedientes sancionadores (PESAN1 2013/000091-2 e PESAN1 2013/000094-2).

Segundo o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que se relacionan nesta cédula as incoacións e trámites de audiencia dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen de quince días, a partir do día seguinte a que se publique este edicto, para presentaren ante a xefatura territorial as alegacións pertinentes.

Os expedientes seguintes están á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Lugo, con sede en avenida Ramón Canosa, s/n, Viveiro, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000091-2.

Denunciado: Carlos José López López.

DNI: 33993525-P.

Enderezo: Vilaframil, s/n, Ribadeo.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000094-2.

Denunciado: Rubén Martínez Martínez.

DNI: 77596385-C.

Enderezo: r/ Reme, s/n, Ribadeo.

Viveiro, 27 de xuño de 2013

Miguel A. Otero Soto
Instrutor