Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28423

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de técnico/a superior e técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais.

Por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais das categorías de técnico/a superior e técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 26.4.2012 que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Por Resolución do 22 de marzo de 2013 (DOG nº 65, do 4 de abril) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e puntuacións provisionais obtidos.

Finalizado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base sétima da resolución de inicio do prazo de inscrición (DOG nº 59, do 26 de marzo),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de técnico/a superior e técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas nas categorías citadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución do 14 de marzo de 2012, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 22 de xullo de 2013. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos