Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28421

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 29 de maio de 2013 (DOG nº 110, do 11 de xuño), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión nas prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ao cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente as persoas funcionarias presten servizo, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.- A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lles dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nome: Mª Nuria Serrano Téllez.

NRP ou DNI: 0525743146 A206Q.

Subgrupo: A2.

Corpo ou escala: facultativo grao medio de museos da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; especialidade museos.

Posto de traballo: xefatura de Servizo de Museos.

Código do posto: ED.302.00.002.15770.034.

Nivel: 28.

Centro directivo: Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais (DX de Patrimonio Cultural).

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Mª José Fuentes García.

NRP ou DNI: 3284251602 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xerente.

Código do posto: ED.301.00.003.15770.002.

Nivel: 28.

Centro directivo: Centro Galego de Arte Contemporánea-CGAC (Secretaría Xeral de Cultura).

Localidade: Santiago de Compostela.