Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28420

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 165/2013, interposto por Eva Marcos Doldán e Juan Antonio Valiño García.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 165/2013, interposto por Eva Marcos Doldan e Juan Antonio Valiño García contra as resolucións do 6 de maio de 2013, da Consellería de Facenda, pola que se desestiman os recursos de alzada e a petición de suspensión da Resolución do 7 de febreiro de 2013, do tribunal sobre proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía de la información, nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado por Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública