Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/204).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMT, CT e RBT Guisande II.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

– O centro de transformación de Guisande II instalarase nun edificio tipo caseta con envolvente modular de formigón, no cual se instalará un transformador trifásico en baño de aceite con illamento de aceite mineral con potencia de 160 kVA e con tensión primaria de 20 kV e tensión secundaria 230/400 V, unha cela de protección de liña con interruptor-seccionador de tres posicións de tensión de 24 kV e illamento SF6 con intensidade nominal de 630 A, unha cela de protección con seccionador de tres posicións idéntica a cela de liña máis un sistema de protección con fusibles, un cadro de baixa tensión modular segundo norma UNESA RU 6302 con dúas saídas protexidas mediante fusibles.

– A liña de media tensión partirá dun apoio número 6 da LMTA Santa Catalina existente (expediente 27.949) e estará formada por un circuíto que discorre enterrado baixo tubo ata unha cela de entrada de liña que se instalará no CT Guisande II proxectado; o condutor será de aluminio con illamento de polietileno denominado RHZ 2OL 12/20 kV Al de 95 mm2.

– A RBT partirá con dúas liñas enterradas hasta o punto de entroncamento coas liñas aéreas existentes. As liñas estarán formadas por circuítos trifásicos con condutores unipolares de aluminio RV 0,6/1 kV 4×(1×150 mm2) Al e RV 0,6/1 kV 4×(1×95 mm2) Al. As súas lonxitudes son de 83 metros e 89 metros respectivamente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña