Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 70/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento MT por acondicionamento de conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea GRN-708, tramo II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,165 km, coa orixe no apoio nº 45 existente que se substituirá por un tipo C-3000/22 da LMT GRN-708, onde se realiza o entroncamento da derivada aos CT Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008), con retensamento do condutor existente tipo LA-56/54,6 mm², e final no apoio nº 45-2 existente que se substituirá por un tipo C-3000/18 da LMT GRN-708, no tramo da derivada aos CT Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008).

– Liña de media tensión aérea GRN-708, tramo III, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,110 km, coa orixe no apoio nº 45-4-2 existente da LMT GRN-708, no tramo da derivada ao CT Ponte (expediente 115/2008), condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final no apoio nº 45-4-3 existente que substituirá por un tipo CH-2500/17,5 da LMT GRN-708, no tramo da derivada ao CT Ponte (expediente 115/2008).

– Tramo liña de media tensión soterrada SBN-716B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,108 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Seixeda (expediente 51.276), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SBN-716B, no tramo entre o CT Seixeda (expediente 51.726) e a subestación de Sabón.

– Tramo liña de media tensión soterrada SBN-709B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,308 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Seixeda (expediente 51.276), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SBN-709B, no tramo entre o CT Seixeda (expediente 51.726) e a subestación de Sabón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña