Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/91).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS e CT Portocarreiro II.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

– O punto de conexión da liña de media tensión soterrada será no paso aéreo soterrado do apoio de nova execución HVH 15/3000 (nas coordenadas UTM-huso 29 X=520.335 Y=4.766.018) e con final no centro de transformación e seccionamento de nova execución obxecto do proxecto CT Portocarreiro II (nas coordenadas UTM-huso 29 X=520.740 e Y=4.765.670). A tensión nominal será de 20 kV cun tipo de condutor RHZ1-2OL-12/20 KV 240 mm2 Al e cunha lonxitude de 568 metros.

– O centro de transformación situarase nunha caseta prefabricada tipo EHC-3T1D, na cal se instalará unha cela de liña e outra de protección de trafo, ambas serán modulares de illamento e corte hexafluoruro de xofre (SF6), con interruptor-seccionador de 630 A, tensión de 24 kV e 20 kV, con indicadores de presenza de tensión e con mando CTI motorizado. Tamen se instalará un conxunto de pararraios autoválvulas de 10 kV-24 kV en bornes do trafo, así como un transformador de 160 kVA, con refrixeración natural en baño de aceite con tensión primaria de 20.000 voltios e tensión secundaria de 400/230 V en caseta prefabricada; tamen se instalará un cuadro de baixa tensión con interruptor automático con relés de regulación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña