Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 98/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS en Milladoiro.

Situación: concello de Ames.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,358 km, coa orixe en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS existente SNT-828 Milladoiro, 28, entre o CT Tras Madalena (expediente IN407A 2001/36) e o CT rúa do Porto, nº 6 (expediente IN407A 2001/13), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1x240 Al e final na mesma liña unha vez entre e saia do CS do cliente (expediente IN407A 2013/49-1).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña