Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas (expediente 270/2009), modificación I enlace LMT Monfero-Xermade (Monfero e Xermade).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aéreo-subterránea a 15/2 kV, enlace LMT Monfero-Xermade, nos termos municipais de Monfero e Xermade (expte. 270/2009), por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria do 10 de xaneiro de 2013, a prol da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 30 e 31 de xullo de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Monfero, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP (A Coruña), BOP (Lugo) do 12.4.2012, 2.4.2012, 3.4.2012 e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso do 3.4.2012, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectadas, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 21 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña