No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.
Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 20 de xuño de 2013
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente de reintegro: REINT 2012/189-5.
Nome: Blanco Martínez, Roberto.
NIF: 76813897S.
Último enderezo coñecido: Trav. Príncipe, 1, 6º esqu., 36202 Vigo (Pontevedra).
Tipo de axuda: promoción de emprego autónomo.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.
Nº de expediente de reintegro: REINT 2012/203-5.
Nome: Ferradáns Míguez, Alfonso.
NIF: 36078161Q.
Último enderezo coñecido: rúa José Antonio, 61, 1º B, 36470 Salceda de Caselas (Pontevedra).
Tipo de axuda: promoción de emprego autónomo.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.
Nº de expediente de reintegro: REINT 2013/044-5.
Nome: Santos de Oliveira, Tatiane.
NIE: 0X6342063C.
Último enderezo coñecido: S. Ignacio, 4, baixo D, 36207 Pontevedra.
Tipo de axuda: promoción de emprego autónomo.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.